{"product_id":"o-reino-medieval-de-galicia-cronica-dunha-desmemoria-obras-de-referencia-contamos-a-nosa-historia","title":"O reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria (OBRAS DE REFERENCIA - CONTAMOS A NOSA HISTORIA)","description":"Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a estenderse dende o Atlántico até as terras da actual Cantabria e dende o Cantábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñecen boa parte das fontes históricas europeas e musulmás. Pola contra, nas hispanas 'asturianas, leonesas e castelás' a súa existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido máis tarde pola maioría dos historiadores dos séculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristiás para dar vida a un relato histórico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporáneo. Nese relato, o Reino medieval de Galicia quer non existía, quer se supeditaba, como unha mera anécdota, á pretendida historia de España. Do porqué dese agocho e desa desmemoria dan conta os autores deste libro","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59417322553678,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59417322586446,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59417322619214,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59417322651982,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/ee3cde62-f496-48d9-8dc5-fd3869a1aa2a_a684e8e0-3546-4d11-b9f3-e53a0d195655.jpg?v=1777258792","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-reino-medieval-de-galicia-cronica-dunha-desmemoria-obras-de-referencia-contamos-a-nosa-historia","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}