{"product_id":"o-sombreiro-chichiriteiro-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","title":"O sombreiro Chichiriteiro (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante)","description":"Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar. Mais, cando Simón deulle por sorpresa unha puñada ao sombreiro do xigantón, o sombreiro non foi caer no chan, deu unha reviravolta no ar con moito xeito, saíu voando e botouse a cantar: \"liroliro, liroliro\". \"É o sombreiro Chichiriteiro\", berrou con alegría o avó de Simón. Mentres todos ficaban apampados, Simón foise correndo detrás de sombreiro tan especial, a correr, a correr por leiras, prados, soutos e camiños. Así arrinca O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto de Manuel Rivas para lectores miúdos, ilustrado poal xenial Patricia Castelao. Unha historia de amizade dun sombreiro moi especial, o Chichiriteiro, e dun neno valente chamado Simón, que viaxarán xuntos ao corazón do mundo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368750580046,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368750612814,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368750645582,"sku":"2228471_1_2","price":4.64,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368750678350,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/56396c84-1d66-46ff-b1e2-7ab6803a620b_81a81293-a757-499a-b4f9-182ef398fcc4.jpg?v=1777150065","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-sombreiro-chichiriteiro-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}