{"product_id":"o-tesouro-da-lagoa-de-reidis-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","title":"O tesouro da lagoa de Reid'Is (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)","description":"Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid 'Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar...), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59366910165326,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59366910198094,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59366910230862,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59366910263630,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/76a65cc8-ae8e-4df0-b47e-a03906d5f7dd_7ef3ffc4-6ee4-4f87-a95d-dae21f17a882.jpg?v=1777143526","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-tesouro-da-lagoa-de-reidis-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}