{"product_id":"o-trasno-de-alqueidon-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","title":"O trasno de Alqueidón (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante)","description":"Este libro está formado por tres contos: \"O trasno de Alqueidón\" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. \"Neve na Amaía\" Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. \"Chave de Ponte, Chave de Carballo\" Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369563586894,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369563619662,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369563652430,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369563685198,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/7a48b2af-1b82-426e-aff8-8cf8145f078a_31be659a-6d2d-4109-9d84-f8f68eb17b01.jpg?v=1777152089","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/o-trasno-de-alqueidon-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}