{"product_id":"orion-e-os-animais-magos-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-8-anos-en-diante","title":"Orión e os animais magos (INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en diante)","description":"Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira estraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga... \"Orión e os animais magos\" do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presenzaa, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369481601358,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369481634126,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369481666894,"sku":"2260958_1_2","price":20.23,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369481699662,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/c0a00ba5-e298-42ab-aca9-a836f2195994_4fd235a8-1b23-4848-9c3f-fa1a3fd3d75e.jpg?v=1777152143","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/orion-e-os-animais-magos-infantil-e-xuvenil-sopa-de-libros-de-8-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}