{"product_id":"os-sonos-na-gaiola-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante","title":"Os soños na gaiola (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante)","description":"O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo o epígrafe de \" O mundo \" , aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema \" As cousas \" falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado. \" Os homes, nenos e nenas \" , é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda. Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que \" son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco \" . .","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368114717006,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368114749774,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368114782542,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368114815310,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/cd9e928d-4daa-4d0d-8ac8-bc77f707ed21_e496ec8c-a54c-4abf-bbdd-88ed2cc3acb9.jpg?v=1782266521","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/os-sonos-na-gaiola-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}