{"product_id":"panificadora-edicion-literaria-narrativa","title":"Panificadora (Edición Literaria - Narrativa)","description":"Haiwort, un oficinista, é chamado por Woolite, sub-xefe de persoal dunha gran empresa, para comunicarlle as causas que o poñen fronte ó abismo do despido... O percorrido de Haiwort na busca dunha salvación, o desexo de fuxir das ataduras oficinescas ou a neceside aparente de conservar o seu postiño de traballo, a procura e o encontro do terceiro personaxe principal da novela, máis o desenlace que isto provoca, velaí o argumento de Panificadora. Cid Cabido acentúa e desenvolve o seu peculiar estilo evidencialista para poñelo ó servicio dunha dobre crítica ó que denomina \" Modo de Corrupción Capitalista \" . A voz do protagonista Haiwort, narrador da maior parte da historia, fai unha defensa consciente do ser humano e da natureza en oposición ós intereses das grandes empresas, atentas só a unha dinámica depredadora e productivista que impide ou lastra o reencontro do individuo cos demais e co seu medio natural. En palabras do crítico e profesor de filosofía Francisco Sampedro, Panificadora ás veces, discorre cinematograficamente, e de feito as alusións ás técnicas da sétima arte están presentes (soberbia a exemplificación do ' estupor ' no paralelismo entre o abre-pecha da neveira e do ascensor), pero onde penso que está unha das claves para dar conta da calidade do libro é nos mecanismos que Cid Cabido emprega na narración, e que non son outros que os mecanismos do soño: condensación e desprazamento, que son utilizados para metaforizar a condición humana no seo do que o marxismo denomina Late capitalismo Empregando unha nomenclatura intencionada para crear un territorio narrativo despegado da realidade pero só destinado a pensala criticamente, Cid Cabido presenta, con humor corrosivo e moi coidada sonoridade da palabra, unha historia na que o principal é o ácido zume conseguido na maneira de contar.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59351470899534,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59351470932302,"sku":"2257988_1_3","price":6.51,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59351470965070,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59351470997838,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/13e77fa1-44b0-4f57-a960-5f3e54f52235_b3c1379a-e8ca-456f-9955-7782c2109fce.jpg?v=1777106785","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/panificadora-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}