{"product_id":"papiroflexia-iniciacion-xogos","title":"Papiroflexia iniciación (Xogos)","description":"A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear evidentemente- do nada, pero si de case nada. Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario. Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte avanza obxectivamente. O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente. A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade. En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos. O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario. Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar. Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59376846045518,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59376846078286,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59376846111054,"sku":"2236049_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59376846143822,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/519429d5-cadf-4ab0-acfe-b5419d92d747_8e2b2d3f-a8db-45ec-ad17-dce2e13742d2.jpg?v=1777164545","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/papiroflexia-iniciacion-xogos","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}