{"product_id":"peixes-do-mar-de-galicia-i-1-turismo-ocio-montes-e-fontes-guias-da-natureza","title":"Peixes do mar de Galicia I: 1 (Turismo \/ Ocio - Montes E Fontes - Guías Da Natureza)","description":"A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principais protagonistas: os peixes. Velaquí un libro que participa destes catro aspectos, traballo de varios anos realizado con amor e adicación e que presenta agora a primeira panorámica totalizadora e sistematizada dun capítulo tan representativo do noso patrimonio natural. Ámbolos dous autores son biólogos, cun amplo traballo de investigación e divulgación do mundo do mar de Galicia. E mesmo do mundo do mar onde traballan decote os galegos. Xavier Vázquez é Inspector Pesqueiro da CEE e Rodríguez Villanueva director dunha planta de cultivo integral de rodaballo, aspectos profesionais que complementan os seus traballos de investigación. Os Peixes do mar de Galicia, con importante aparato fotográfico e coidadas ilustracións, ofrécese en varias entregas, dada a dimensión da obra e o amplo obxecto de estudio que pretendemos. Este primeiro tomo está adicado a algunhas especies moi populares, aínda que non tan ben coñecidas: a lamprea e o mundo das raias e dos tiburóns. Son os peixes cartilaxinosos. Os de estructura ósea trátanse nos dous volumes seguintes.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59399197524302,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59399197557070,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59399197589838,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59399197622606,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/cd456076-147c-40a0-b56a-e9dc16ecb824_7f00c2ad-1fd6-4f17-addd-c960566a10f6.jpg?v=1777218665","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/peixes-do-mar-de-galicia-i-1-turismo-ocio-montes-e-fontes-guias-da-natureza","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}