{"product_id":"poesia-galega-completa-x-m-alvarez-blazquez-edicion-literaria-xerais-clasicos","title":"Poesía Galega Completa X. M. Álvarez Blázquez (EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS)","description":"Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ''o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social''. Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59362500378958,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59362500411726,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59362500444494,"sku":"2331594_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59362500477262,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/3964497a-f423-45c6-8bc5-3d357675e6f6_7e9e6e66-5547-4a37-9f5a-0877c4a9eea1.jpg?v=1777134379","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/poesia-galega-completa-x-m-alvarez-blazquez-edicion-literaria-xerais-clasicos","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}