{"product_id":"poetizate-antoloxia-da-poesia-galega-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Poetízate: Antoloxía da poesía galega (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate -que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo- é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59375319089486,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59375319122254,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59375319155022,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59375319187790,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/b7c7b179-71ff-4d07-bdb7-efd9bf145ac6_9986a4a3-6d3c-4878-8c17-37f4b5caba0c.jpg?v=1780452966","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/poetizate-antoloxia-da-poesia-galega-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}