{"product_id":"quen-non-ten-un-avo-fascista-5-hoxeehoxe-memoria-historica","title":"Quen non ten un avó fascista?: 5 (Hoxeéhoxe) (Memoria Histórica)","description":"Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría. López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59328010387790,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59328010420558,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59328010453326,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59328010486094,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/6fba457b-2cae-4ef2-bf15-64ff162fda69.jpg?v=1783044053","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/quen-non-ten-un-avo-fascista-5-hoxeehoxe-memoria-historica","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}