{"product_id":"rata-linda-de-compostela-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","title":"Rata linda de Compostela (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante)","description":"No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos \"a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral\". Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59367011090766,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59367011123534,"sku":"2260975_1_3","price":4.99,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59367011156302,"sku":"2260975_1_2","price":5.39,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59367011189070,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/2dc5c1b7-79f9-42f9-85cb-43e9b642b6d7_be647dfa-e27b-4e70-a5a1-8598326e761e.jpg?v=1778811487","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/rata-linda-de-compostela-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}