{"product_id":"retorno-a-tagen-ata-edicion-literaria-narrativa","title":"Retorno a Tagen Ata (Edición Literaria - Narrativa)","description":"X.L. Méndez Ferrín creou en Retorno a Tagen Ata unha xeografía imaxinaria -Anatí, Tagen Ata, Terra Ancha- co obxecto de aproximarse poética e fantasticamente a certas tensións que se producen a finais dos anos 60 entre o nacionalismo galego do exilio-emigración en América e o do interior, e mais as relacións de conflicto entre o Estado español e a nación asoballada. A presente edición inclúe un documentadísimo estudio introductorio de Antón Capelán, \" Invitación á viaxe \" , sobre o contexto histórico e político no que a obra foi escrita. O profesor Capelán sinala que con Retorno a Tagen Ata culminaba a ruptura xeracional que se viñera xestando desde finais dos anos cincuenta no ámbito da creación estética: Nova narrativa galega, rexeitamento da poesía imaxinista e neotrobadoresca, e defensa da pintura informalista de A Gadaña. A presente edición do texto ferriniano, conclúe cun epílogo onde Ramón Nicolás Rodríguez recopila as críticas e outros textos sobre a obra: recensións sobre as tres edicións realizadas da obra, diversos comentarios críticos, fragmentos de varias entrevistas a X.L. Méndez Ferrín e críticas e informacións sobre a teatralización do texto. En definitiva, unha edición moi coidada para un dos textos emblemáticos e míticos na obra narrativa ferriniana.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59340439880014,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59340439912782,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59340439945550,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59340439978318,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/756a6fb9-01fd-4e46-a09e-e56cf37de691_190f223d-91f5-44b2-ba4e-8359c60af0f5.jpg?v=1777077471","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/retorno-a-tagen-ata-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}