{"product_id":"sarmiento-vida-e-obra-life-and-work-obras-de-referencia","title":"Sarmiento: Vida E Obra \/ Life and Work (Obras De Referencia)","description":"Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sobranceiras da cultura ilustrada do século XVIII hispano e un dos primeiros e máis singulares estudiosos da cultura galega. Amante da sabedoría, lector infatigable, escritor torrencial, atento a moitos dominios da vida cultural do seu tempo, Sarmiento destacou por ser tanto un dos introductores de Newton en España, como o erudito que recupera a memoria da lírica medieval galega; o lector en varios idiomas, ou o escritor en galego do Coloquio de vintecatro galegos rústicos; o medievalista que analiza a documentación de séculos dos mosteiros galegos, e o científico que fai ensaios de electromagnetismo e hibridación de plantas; o botánico que escribe páxinas fermosas da nosa historia natural, tanto coma o filólogo adiantado dos estudios de filoloxía románica; o correspondente de importantes científicos europeos, así coma o viaxeiro que analiza e constrúe pezas basais da cultura galega; aquel que estaba presto para dar a súa opinión informada sobre asuntos da vida pública, ou mesmo aquel que quería unha educación racional, da vida e para a vida, e unha escola en galego.Sarmiento .Vida e obra, o libro preparado por Antón Costa Rico para dar a coñecer a figura homenaxeada o 17 de maio de 2002, pretende debuxar o perfil desta senlleira personalidade, percorrendo a súa vida, o seu tempo e a súa obra, que é a dun investigador e un pensador que se manifesta como galego e como ilustrado. Un percorrido que procura facerse co acompañamento de escritos breves saídos da súa pluma, e de varios apuntes informativos que axuden a captar as vicisitudes dunha biografía singular; a de alguén que, como el dixo, nada facía, dicía ou escribía sen ter o seu pensamento en Galicia.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59357941006670,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59357941039438,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59357941072206,"sku":"2394059_1_2","price":17.63,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59357941104974,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/019d50f8-6705-7423-a9f1-1217ea6f86a0_89ddacc4-c28c-4d8c-8bcb-85eab067459b.jpg?v=1777124935","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/sarmiento-vida-e-obra-life-and-work-obras-de-referencia","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}