{"product_id":"soamente-unha-vez-edicion-literaria-narrativa","title":"Soamente unha vez (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Reseña del editor      Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre un cadáver no monte. É o cadáver dunha muller desaparecida, que obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso. Axiña aparecen algúns sospeitosos. Pero nesta novela, ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, o asasinato non o invade todo, senón que queda inserido no traballo habitual e cotián dos funcionarios. Os policías continúan a falar das súas cousas, chancean mentres agardan a chegada da xuíza e o inspector da científica intercambia receitas de cociña coa forense ao tempo que examinan o cadáver. Porque, como di un dos personaxes, o morto parou, mais a vida segue adiante. «Soamente unha vez» é unha orixinalísima novela policial de José Mondelo, diferente e trepidante, afastada dos tópicos novelescos do xénero onde abundan os policías corruptos, alcólicos e agresivos importados da literatura e do cinema americanos.      Biografía del autor      José Mondelo (Peites, Lugo), escritor atípico e iconoclasta, deuse a coñecer co libro «Un pequeno favor e outras historias de humor perverso», unha das poucas obras literarias estritamente humorísticas coas que conta o galego. A súa produción vai desde contos para rapaces («O informe do empregado Mendes» ou «Martín Coutinho en busca do sol») a unha novela erótica de forte tintura sadomasoquista («Ni junio en París»), que el define como «un exercicio de estilo»; desde unha divertidísima sátira («Hay que matar a los padres») á tráxica novela negra «O ollo pecho», que obtivo excelentes críticas no seu momento. É autor, igualmente, da peza teatral «Comedia», na que se basea a curtametraxe «Sálvame!», galardoada con máis de cincuenta premios en festivais nacionais e internacionais.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59356892201294,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59356892234062,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59356892266830,"sku":"2371903_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59356892299598,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/576acc30-de1f-4a19-b252-2983c67d242c_155cef7e-a3d7-4214-a8c9-40ba1970d518.jpg?v=1777120421","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/soamente-unha-vez-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}