{"product_id":"the-making-of-372-literaria","title":"The making of: 372 (Literaria)","description":"Un innominado escritor de profesión allea á literaria recibe dun compañeiro de traballo a petición de que investigue sobre a morte do seu avó na Patagonia. O azar, que marca os fitos da narración, fai que o escritor sexa amigo do Cholo, un xornalista galego con boas relacións naquelas latitudes. Dese xeito, o escritor vai descubrindo a historia de Alfredo Mosquera, o Coghomelo, un emigrante e delincuente no Buenos aires da década de 1930, xogador e servidor de “casa de tolerancia”, colaborador cos círculos de apoio ao Terceiro Reich na cidade de Comodoro Rivadavia durante a Segunda Guerra Mundial. Xavier Alcalá consegue trazar maxistralmente nesta novela o retrato dun sobrevivente, dun xogador de fortuna, un pícaro, sen perder un ápice de autenticidade e viveza, enguedellando o lector na que é a aventura oculta da emigración galega na Arxentina. Sarcástica, corrosiva, ás veces brutal, The Makinf of dá conta -nunha esmorga consagrada ao pracer de narrar- de como os fíos da literatura de cerna se tecen coas febras do Mal.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59348176142670,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59348176175438,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59348176208206,"sku":"2118089_1_2","price":4.52,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59348176240974,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/6840717f-07c1-4f7c-a9ba-a002d8fd474e_df574929-bb3b-4734-abd2-1a1dffa689f2.jpg?v=1777100724","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/the-making-of-372-literaria","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}