{"product_id":"todo-ben-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Todo ben (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principal sospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namorado do fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventuras periodísticas en Galicia, Marcos Andrade decidiu procurar novos horizontes en Brasil colaborando no xornal O Globo coas súas crónicas deportivas, nas que defende un fútbol forte e teimoso coma os ventos do norte, alegre coma o son dos tambores que chegan dos mares do sur e de ideas longas coma as ondas do océano. 25 anos despois da súa publicación, Todo ben renace cunha segunda vida tras unha completa revisión do autor. A obra mantén a cerna dunha historia que se move en «serie negra», cunha singular ubicación no Brasil e coa corrupción no fútbol e na política como coordenadas temáticas principais.Unha feliz re-existencia da primeira novela de Manuel Rivas, o narrador galego máis aclamado do noso tempo.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59703111024974,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59703111057742,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59703111090510,"sku":"2418966_1_2","price":6.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59703111123278,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_c8216875-f756-4156-9750-bc061ac572a9.png?v=1779330084","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/todo-ben-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}