{"product_id":"toxos-e-flores-edicion-literaria-cronica-xornalismo","title":"Toxos e flores (Edición Literaria - Crónica - Xornalismo)","description":"Toxos e flores é un libro abertamente romántico e enxebre. ¿Pódese falar de romanticismo ás portas do século XXI? Na prosa de Manuel Rivas hai rebeldía e hai humor, hai heterodoxia e espírito anovador ao tempo que un fondo amor polas boas herdanzas. E hai, sobre todo, un espeso tapiz refulxente: a Sagrada Terra, ATerra Nai, O Antigo Reino de Galicia. A fermosa nación da espiña e da chorima, da cruz e do grial, dos toxos e das flores. Nesta segunda edición revisada, Manuel Rivas inclúe catro novos traballos: os que tratan de Reimundo Patiño, Ramón Sampedro, Lois Pereiro e a Xeración Doente. Teñen en común que habitaban na escaleira de incendios do hotel Vida, que encarnan a creación como unha aposta existencial sen apaños e insubornable. Complétase a edición co texto de \" O pregón de Monte Alto \" , que Manuel Rivas recitou e cantou na compaña de Os Diplomáticos de Monte Alto na noite do 4 de setembro de 1998; documento sonoro recollido no CD adxunto.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59407803023694,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59407803056462,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59407803089230,"sku":"2073746_1_2","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Como nuevo","offer_id":59407803121998,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/15313e4b-f859-455d-8900-bddf1603284a_45669339-64de-442a-a1e3-1bff0bf7410f.jpg?v=1777236714","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/toxos-e-flores-edicion-literaria-cronica-xornalismo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}