{"product_id":"tres-capitans-de-tempos-idos-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante","title":"Tres capitáns de tempos idos (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)","description":"Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que deixou Antón Avilés de Taramancos. Escrita na primavera de 1983, coa finalidade de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; foi representada en Noia, no mes de xuño do mesmo ano, no seo das primeiras Xornadas de teatro na escola, organizadas pola Asociación Cultural Catavento. A obra, que permaneceu inédita dende a súa estrea, públícase agora, e por vez primeira, dentro de Xerais Merlín. Organizada en tres lances, e concibida especificamente para ser representada por escolares, Tres capitáns de tempos idos constitúe unha apaixonante viaxe pola historia da literatura galega; aquí desfilan personaxes como os reis e os trobadores, ou o mesmo Francisco Añón. A presente edición, que inclúe a reproducción dos figurinos orixinais, debuxados polo propio Avilés, e complétase cunha biografía do autor e a historia do devir da peza, preparada pola profesora Pilar Sampedro, a primeira directora que puxo en escena a obra.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59374410072398,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59374410105166,"sku":"2260561_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59374410137934,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59374410170702,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/a6fa435f-72a9-468f-b2dd-ee896038200e_6f562314-b35b-43dd-9491-629904f6e7c7.jpg?v=1777160021","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/tres-capitans-de-tempos-idos-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}