{"product_id":"un-senor-elegante-edicion-literaria-narrativa","title":"Un señor elegante (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste. Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea. Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia. Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59351361290574,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59351361323342,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59351361356110,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59351361388878,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/c972913e-3d05-4da2-8857-a541dc0b3921_e3a0c532-eaa2-4a68-8718-ba95e99f2637.jpg?v=1777106674","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/un-senor-elegante-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}