{"product_id":"unha-branca-de-cobre-para-martino-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","title":"Unha branca de cobre para Martiño (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)","description":"Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narrada empregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha das moedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día no que cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despois de tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous meses percorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novela clásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamente documentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlín como \"redonda\" e de \"lectura fascinante\".","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59368733999438,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59368734032206,"sku":"2212448_1_3","price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59368734064974,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59368734097742,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/37cfd528-ed7b-492c-a956-6b6e8159f29c_60d6640c-4c4e-4485-a32a-0ccaa1bd94fb.jpg?v=1779242997","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/unha-branca-de-cobre-para-martino-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}