{"product_id":"usha-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","title":"Usha (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)","description":"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369676112206,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369676144974,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369676177742,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369676210510,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/a172385f-e357-447b-83f9-db95c9e20d88_861fef15-d321-4645-a693-31a3448673f6.jpg?v=1777152815","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/usha-infantil-e-xuvenil-merlin-de-11-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}