{"product_id":"veleno-tinto-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Veleno tinto (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":60205065699662,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":60205065732430,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":60205065765198,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":60205065797966,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/Productos_sin_imagen_6adb8153-8207-48b5-bbba-e08d27ebc1b0.png?v=1784886493","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/veleno-tinto-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}