{"product_id":"vemonos-mana","title":"Vémonos mañá","description":"A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. \u003cbr\u003e\t«Vémonos mañá» é o relato da súa relación e das circunstancias singulares que mudaron as súas vidas, pero non conseguiron cambiar os seus ideais. A historia dunha muller que coñeceu o triunfo e a represión das súas ideas e que loitou incansablemente, sen darse nunca por vencida. E, ao mesmo tempo, o retrato dun home que sempre considerou que a ciencia debía estar ao servizo do progreso e da dignidade humana e que pagou un alto prezo polas súas conviccións. \u003cbr\u003e\t«Vémonos mañá» presenta nun mesmo plano a resistencia valente e silenciada das vítimas e as accións públicas de quen puxo toda a enerxía en combater a represión. Unha impactante historia de amor e compromiso que amplía o enfoque da loita pola liberdade para mostrarnos o protagonismo feminino na retagarda como a outra cara do ardor bélico na batalla. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall, que se le co magnetismo da ficción máis trepidante.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":61044736655694,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":61044736688462,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":61044736721230,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":61044736753998,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/01a0fd88-998c-7ab3-bef9-5f9bd27e1d47.jpg?v=1790970801","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/vemonos-mana","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}