{"product_id":"veu-visitarme-o-mar-edicion-literaria-narrativa","title":"Veu visitarme o mar (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)","description":"Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59353149571406,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59353149604174,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59353149636942,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59353149669710,"sku":"2379428_1_1","price":15.29,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/019cbe31-9c82-73e0-8b9e-235304a42e43_3d5c860e-dcbe-4973-a05a-15a986ac61b4.jpg?v=1777109730","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/veu-visitarme-o-mar-edicion-literaria-narrativa","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}