{"product_id":"xa-non-estou-aqui-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","title":"Xa non estou aquí","description":"Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. \u003cbr\u003e\tXa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59375976055118,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59375976087886,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Muy bueno","offer_id":59375976120654,"sku":"2087109_1_2","price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59375976153422,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/019fa521-d0c9-761a-9e03-bd58e0198a46_8cdca344-519a-4156-ac61-32b686f97487.jpg?v=1785915638","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/xa-non-estou-aqui-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}