{"product_id":"xan-e-perican-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","title":"Xan e Pericán (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 7 Anos En Diante)","description":"Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto, come pouco e dorme menos. Xan e Pericán son deses amigos que sempre se perden nos camiños. Un día atopan un buraco no chan que os leva a unha cova con tres portas pequerrechas. A primeira era unha porta amarela cun cartel que poñía: \" Aquí é onde comeza todo \" . A segunda era unha porta verde que poñía con letras grandes. \" Se entras, nunca te perdes \" . A última era encarnada e tiña un sorriso pintado no que non poñía nada. A través das tres portas, Xan e Pericán coñecen a Anacleta que anda en bicicleta; ao señor Comendador, que vai en tractor e toca o tambor; a don Torcuato, o que vende vasoiras e amaña os zapatos; a don Claudio, médico de bruxas, xigantes e ananos... \" Xan e Pericán \" de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aos lectores avanzados de sete anos en diante unha viaxe polas tres portas da fantasía. Ao xeito da Alicia de Carroll, Xan e Pericán, os dous amigos caen no burato da imaxinación que os ha levar a coñecer personaxes máxicos e a superar probas nas que deben poñer en xogo todas as súas mellores habilidades. As espléndidas ilustracións a toda cor de Andrés Meixide realzan este texto, finalista do Premio Merlín de literatura Infantil 2003.","brand":"Reciclibros","offers":[{"title":"Aceptable","offer_id":59369600090446,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Bueno","offer_id":59369600123214,"sku":"2257142_1_3","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Muy bueno","offer_id":59369600155982,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"Como nuevo","offer_id":59369600188750,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1019\/9331\/6686\/files\/d8154503-9802-4af7-b77b-c713588c82ae_2f25b28c-a69d-40b1-85c0-ce28c7ecaed4.jpg?v=1777152220","url":"https:\/\/www.reciclibros.com\/products\/xan-e-perican-infantil-e-xuvenil-merlin-de-7-anos-en-diante","provider":"Reciclibros","version":"1.0","type":"link"}